Unha muller a piques de morrer afogada na Pobra

POBRA> O suceso producíase ó redor da unha e media da tarde nas inmediacións do porto da localidade, preto da praza Alcalde Segundo Durán. Por causas polo de agora descoñecidas a muller, duns 72 anos, veciña da localidade, precipitouse ó mar. A rápida intervención duns mariscadores que se atopaban nas inmediacións e que viron todo o acontecido e que lograron rescatala da auga, así como a chegada dos axentes da Policía Local, evitou a traxedia. Unha vez reanimada e vendo que respiraba con dificultade polo nerviosismo e a gran cantidade de auga que tragara, foi trasladada en ambulancia ó Hospital da Barbanza

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí