VILAGARCÍA> Os deputados provinciais, Luís Aragunde e Salomé Peña , estiveron este xoves na sede do PP de Vilagarcía, para criticar os orzamentos provincias para a comarca en 2019. Con eles estivo tamén a voceira local do PP, Elena Súarez, quen tamén se referiu as inversións da Deputación en Vilagarcía.
Os populares do Salnés acusan ao actual equipo de goberno da Deputación de Pontevedra ignora a comarca cos seus orzamentos para o 2019. Os populares cualifican de desastre o texto económico que prepara o bipartito do Pazo Provincial para este ano que entra.
Aragunde ademais sinala que este pode ser o último ano de Carmela Silva como presidenta da Deputación de Pontevedra.
A voceira popular en Vilagarcía, Elena Súarez, afirmou que” os vilagarciáns tremen cada vez que se anuncia unha obra dependente da administración provincial na vila.
Para os deputados provinciais Luis Aragunde e Salomé Peña o executivo provincial está a retrasar proxectos pensando nas municipais que se celebrarán en 2019.