Vilanova suspende o entroido pero mantén en secreto a queima do Momo

VILANOVA> Vilanova suspende o entroido pero manterá a queima do Momo. Os organizadores do evento gardan en secreto o acto que se levará acabo pero garanten que o momo se queimará.

A grave crise sanitaria que estamos atravesando impide aos concellos realizar os actos típicos das festas do entroido. É o caso de Vilanova de Arousa, onde o goberno local suspendeu a celebración para evitar as aglomeracións e velar pola seguridade. Pero o que se mantén na vila será a festa do momo. Sen desfiles nin comparsa, a organización do evento mantén a sorpresa.

O coronavirus non conseguirá vencer ás reivindicacións do Momo. O boneco arderá na fogueira.

A veciñanza deberá agardar as comunicacións dos organizadores do Momo que durante os vindeiros días irán desvelando máis secretos.

O protagonista do Momo continuará sendo unha incógnita ata o último momento, pero arderá nos fogos vilanoveses o día 21 de marzo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí