Arranca o terceiro cribado nas farmacias da provincia de Pontevedra para persoas de 12 a 64 anos

SANXENXO> Hoxe comezou nas farmacias da provincia de Pontevedra un novo cribado masivo. É xa o terceiro. Desta volta, están convocadas persoas de entre 12 e 64 anos. O obxectivo, localizar casos asintomáticos para frea-las posibles cadeas de trasnmisión.

Na procura de casos asintomáticos, hoxe arrancou un novo cribado masivo nas farmacias da provincia de Pontevedra. É xa o terceiro que se reliaza neste tipo de establecementos. Desta volta, o abano de idade é moi amplo. Poden face-las probas persoas de entre 12 e 64 anos.

Como nos outros dous cribados feitos nas farmacias, as probas  consisten nunha autorrecollida de saliva. Nesta primeira xornada, foron poucas as persoas que se achegaron preguntar polas probas. Con todo, e dada a gran cantidade de persoas que poden participar, polo de agora non se marcou unha data para o seu remate.

Este novo cribado, ao igual que os dous anteriores, é posible grazas á colaboración entre a Xunta e o Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra.

Nesta farmacia de Sanxenxo confían nunha resposta ampla por parte dos veciños. Din que nos outros dous cribados, a participación foi boa.

O primeiro dos cribados organizados nas farmacias tivo lugar entre os meses de febreiro e marzo. Daquela estaban convocadas persoas de entre 40 e 64 anos. Particpiaron case 41.000 pontevedreses e se detectaron 76 positivos. No segundo cribado, cunha franxa de idade máis reducida -entre rapazada de 12 a 17 anos- detectáronse 19 positivos entre as case 12.000 probas analizadas.