Sanxenxo agarda unha gran visita de turistas durante este verán

SANXENXO> Sanxenxo agarda unha gran chegada de visitantes ao longo das vindeiras semanas. A previsión do CETS e de Aviturga é superar o 85% de ocupación durante o mes de agosto nos seus establecementos e vivendas turísticas. Co reforzos da policía local, socorristas e sanitarios a vila móstrase preparada para acoller de novo a miles de turistas.

Coa chegada de xullo comezan as vacacións de verán para miles de persoas e as vilas turísticas xa se preparan para a chegada destes visitantes. Na nosa contorna, o concello de Sanxenxo é o máis demandado e dende o goberno local agardan unha grandes cifras de turismo neste verán.

O sector hoteleiro tamén ten postas grandes expectativas neste verán, no seu caso están pendentes das condicións meteorolóxicas para intentar achegarse ás cifras récord doutros anos.

Nunha situación similar está Aviturga. Dende a asociación sinalan que no se causo vense afectados polos exames de xullo, o que fai que moitas familias agarden á segunda quincena ou a agosto para desprazarse, non só a Sanxenxo, se non a todas as Rías Baixas.

Para velar pola seguridade e atender tanto a veciñanza como aos visitantes o concello coa colaboración doutras administracións reforzou os equipos da policía local, dos socorristas das praias e do Pac de Sanxenxo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí