Vilagarcía realizará diversas actividades durante unha semana para conmemorar o 8M

VILAGARCIA> Vilagarcía dedicará unha semana para a realización de diferentes actividades para conmemorar o 8M. Os actos comezarán cunha maratón fotográfica, continuarán coa lectura do manifesto, a presentación dun libro e a representación da película Cinco Lobitos. As actividades son todas gratuítas.

Vilagarcía realizarán diferentes actividades durante unha semana para conmemorar o 8M. Todos os actos están enfocados a reivindicar a igualdade e poñer en valor a importancia da muller no eido laboral. A primeira das actividades será unha maratón fotográfica o día 4 de marzo.

O día 8 terá lugar a lectura do manifesto. O acto contará con dúas actuacións do alumnado da escola de música na vila e unha intérprete de linguaxe de signos. O concello aínda non anuncio quen será a encargada de léelo.

As actividades continuarán o día 9 coa presentación do libro Feminismo de Proximidade de Lola Varela.

A programación pecharase o día 10 cun pase no Salón García da película Cinco Lobitos. A maratón fotográfica xa ten pechada a inscrición, pero o resto de actividades son todas gratuítas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí