A Audiencia Provincial xulga este xoves a un ribeirense por tráfico de drogas

RIBEIRA> A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, acollerá este próximo xoves o xuízo contra un veciño de Ribeira, con iniciais S.A.S., por un presunto delito de tráfico de drogas. A Fiscalía pide para el un total de cinco anos de prisión e unha multa de 190 mil euros por un presunto delito contra a saúde pública. Os feitos polos que será xulgado remóntanse a marzo de 2016, cando nun control, os axentes da Policía Nacional interceptaron o seu vehículo na rúa Manuel Murguía de Aguiño. No seu interior había uns 17 gramos de heroína e outros tantos de cocaína preparados para a súa distribución e venda. Nun rexistro posterior realizado en dúas das súas vivendas, os axentes atoparon tamén unhas 192 doses máis de cocaína e 579 de heroína, ademais de 311 plantas de marihuana e outras substancias, cun valor total no mercado que podía superar os cen mil euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí