As bicis tomarán Ribeira este domingo

RIBEIRA> Preto de 500 participantes daránse cita o próximo domingo no Día da Bici que organiza o concello de Ribeira. A cita conta coa colaboración coa Asociación de Veciños de Carreira e o Club os Saltamontes.

A recollida de dorsais está prevista ás dez da mañá na praza de España de onde partirán unha hora máis tarde ó redor de 500 ciclistas para realizar un percorrido duns 5 quilómetros.

Ademais do carácter lúdico e deportivo, a cita terá este ano unha vertente moi emotiva coas homenaxes a Dositeo Fernández e Carlos Guerra.Os interesados en participar deberán inscribirse previamente a través da web municipal para poder participar nos sorteos e facilitar o labor organizativo en materia de seguros e previsión de avituallamento.

Dende a organización agradeceron a colanoración da Policía Locla e o GAEM neste event que busca promover o uso da bicileta como medio de transporte saudable e ecolóxico.