O executivo pobrense saca a licitación a mellora do Camiño Real da Ribeiriña

A POBRA> O executivo pobrense saca a licitación a primeira fase da mellora do coñecido como Camiño Real, na zona da Ribeiriña. A actuación contará cun investimento duns cen mil euros.

Trátase dunha vella reivindicación, tanto dos veciños e residentes do lugar, como tamén de diferentes grupos políticos, especialmente o BNG, que nos últimos anos viña demandando a súa mellora. Con esta actuación que xa saíu a licitación, o goberno local pretende dar solución ós diferentes problemas que presenta esta rúa, entre eles o acondicionamento do seu firme, na actualidade moi deteriorado. O proxecto, que conta cun orzamento duns cen mil euros, podería estar rematado antes do verán.

As empresas interesadas terán de prazo ata o próximo 5 de febreiro para presentar as súas ofertas a través da Plataforma de Contratación do Sector Público do Estado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí