Un recoñecemento ao talento e á innovación

PONTEVEDRA> Tras o pleno ordinario de hoxe, o Teatro Principal acolleu a entrega dos Premios Cidade de Pontevedra. As galardoadas foron Rosario Álvarez, na categoría de persoa física, e a Escola de Deseño e Dirección Creativa en Moda, na de persoa xurídica. A emoción e o orgullo estiveron presentes durante todo o acto.

O Teatro Principal vestiuse esta mañá de gala para acoller a entrega dos Premios Cidade de Pontevedra. O xurado decidiu que este ano a galardoada na categoría de persoa física fose ela. Pontevedresa de nacemento Rosario Álvarez conseguiu romper un teito de cristal e converterse na primeira muller que preside o Consello da Cultura Galega. Hoxe ela fixo unha recreación á cidade que a viu nacer e incidiu na importancia de poñer en valor as nosas raíces.

Na categoría de persoa xurídica o premio foi para a Esdemga. A Escola de Deseño e Dirección Creativa en Moda leva 20 anos traballando para situar a Pontevedra no máis alto deste sector. Xusto ao carón doutros centros de Tokyo, Londres ou Milán. A encargada de recoller o galardón foi a súa directora. Lola Dopico asegurou que este premio será un novo impulso para seguir evolucionando e medrando.

Audacia, talento e orgullo. Estas foron algunhas das palabras empregadas polo alcalde de Pontevedra para definir as dúas galardoadas.

A emoción e a ilusión estiveron presentes durante todo o acto. O cal pechou coa interpretación do Himno Galego do grupo de gaitas Os de Algures.