20 alumnos recollen o seu diploma na clausura do obradoiro de emprego Tahume 5

RIBEIRA> O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, foi o encargado de clausurar o obradoiro de emprego Tahume 5, compartido polos concelos de Ribeira e Porto do Son. Na actividade deuse formación a un total de vinte alumnos nos módulos de carpintería e moble e conservación e mellota de montes.

Os 20 alumnos participantes no obradoiro de emprego Tahume 5 recibían de mans do delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e dos representantes municipais de Ribeira e Porto do Son, municipios que compartiron novamente esta experiencia formativa, os diplomas que acreditaban a súa formación nas especialidades de Carpintería e Moble e en Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes. A experiencia foi posible grazas a unha achega da consellería de Economía, Emprego e Industria de 316 mil euros.

Durante os nove meses que de prolongou este obradoiro, os alumnos traballadores desenvolveron importantes actuacións nos dous municipios coa fabricación de diverso mobiliario en madeira ou a conservación de espazos forestais.

O rexedor ribeirense anunciou tamén a solicitude dun novo obradoiro para a convocatoria do ano que vén. Neste caso en solitario e terá como especialidade a cociña, aproveitando as instalacións da escola de hostalería que se está a adaptar no segundo andar do mercado municipal.