Gómez Caamaño pon en valor a Unidade de Condutas Aditivas de Ribeira tras o seu traspaso ó Sergas

RIBEIRA> O pasado 1 de xaneiro producíase, de xeito oficial, o traspaso dun total de 13 unidades de drogodependencias de titularidade municipal en toda Galicia ó Sergas, entre as que figuran a de Pontevedra, O Grove, Vilagarcía, Noia e Ribeira.

Esta mañá o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, realizou unha visita ás dependencias desta última, acompañado da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, da secretaria xeral técnica de Sanidade, Natalia Lobato, e do xerente da área sanitaria Santiago e Barbanza, Ángel Facio.

Durante a visita Gómez Caamaño mantivo un encontro co persoal desta unidade, e puido coñecer de primeira man os servizos e os medios materiais empregados na atención sanitaria.

Segundo el o traspaso faise atendendo a unha vella demanda da Federación Galega de Municipios e Provincias e dos propios concellos para facilitar a atención integral dos pacientes e garantir a máxima calidade do servizo.

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, que tamén asistiu ó acto, mostrou a súa satisfacción de que se producise o transferencia da xestión da UCA ó Sergas, que permitirá seguir poder desenvolvendo o seu traballo coas máximas garantías.

Creada en 1993, a UCA de Ribeira ofrece unha asistencia integral para problemas de adicción, principalmente alcol e drogas, a residentes non só deste municipio, senón tamén de toda a comarca do Barbanza.

Durante o pasado ano 2025 atendéronse a preto dos 900 pacientes.