RIBEIRA> O alcalde, Luís Pérez Barral, valorou de xeito moi positivo a última actuación levada a cabo polo Concello coa instalación de paneis fotovoltaicos en diversos equipamentos públicos.
Segundo explicou o rexedor, a actuación representa un paso máis no compromiso do Concello coa sustentabilidade e o aforro enerxético.
O investimento destas obras levadas a cabo no complexo deportivo da Fieiteira, na Unidade de Condutas Aditivas e no auditorio ascendeu a uns 263 mil euros, financiados con cargo a fondos municipais e axudas procedentes de programas europeos.
O rexedor ribeirense sinalou ademais que seguirán promovendo iniciativas sustentables deste tipo no futuro noutros edificios municipais como é o caso da casa consistorial e o mercado municipal.