A Unesco inclúe a candidatura das Illas Atlánticas na lista de finalistas

BARBANZA> A candidatura das Illas Atlánticas xa figura na lista final da UNESCO para ser declarada patrimonio da humanidade. Así o notificou o organismo internacional a unha delegación galega que se desprazou ata París. A Xunta de Galicia iniciará a campaña de promoción das Illas Atlánticas despois de que a Unesco notificara que a candidatura autonómica superou tódalas eliminatorias, converténdose xa en finalista do proceso para o recoñecemento como Patrimonio da Humanidade. Superada a fase de competición interna, a candidatura deberá permanecer un ano na lista indicativa. A partir de entón, a Unesco procederá a avaliar o expediente para a súa posterior declaración. O presidente da Xunta destacou os efectos positivos que tería lograr esta declaración para toda Galicia e especialmente para os concellos implicados, Ribeira, Vilagarcía, Vigo e Bueu.