A POBRA> O concello da Pobra vén de adquirir un novo punto limpo móbil que dará servizo principalmente ós centros educativos. Rotará semanalmente por tres colexios e a zona do mercado, onde permanecerá tamén en períodos non lectivos.
Aínda que está dirixido principalmente á comunidade educativa, toda a poboación pode facer uso do novo punto limpo móbil que vén de poñer en marcha o concello da Pobra. Rotará semanalmente entre os colexios Salustiano Rey Eiras, Pilar Maestú Sierra, Monte Carmelo e a zona do mercado.
Os contedores contan con diversas bocas para depositar residuos que non van nos contedores habituais como son pilas, cartuchos de tinta, discos ou dispositivos electrónicos.
O concello conta xa con outro punto limpo móbil itinerante que percorre semanalmente varios núcleos rurais. Dado o gran éxito da iniciativa, decidiron ampliar este servizo á comunidade escolar dada a gran implicación dos alumnos nos proxectos de recollida selectiva.