Vilagarcía acollerá o primeiro torneo Feminino alevín de Galicia

VILAGARCIA> O concello de Vilagarcía acollerá o primeiro torneo de fútbol 8 feminino de Galicia en categoría alevín. Na competición participarán máis de 30 equipos, entre eles clubs da liga Iberdrola. O torneo tamén terá un fin solidario e destinará parte da recadación á Asociación Pablo Ugarte.

A igualdade chega ao fútbol base feminino grazas ao CD Bamio e a Tino Buján. O equipo vilagarcián celebrará o primeiro féminas futbol 8 Vilagarcía. Será o primeiro torneo feminino en categoría alevín celebrado en Galicia.

O torneo terá lugar do 26 ao 28 de setembro no Manuel Jiménez. Está previsto que compitan máis de 30 equipos. Entre eles, xa está confirmada a participación de clubs da liga Iberdrola como a do Valencia CF.

A novidade e importancia do torneo fai que conte co apoio de todas as administracións.

O torneo nace tamén cun carácter solidario. Dende a organización doarán parte da recadación para a Asociación Pablo Ugarte e a súa loita contra o cancro infantil.

O I Féminas futbol 8 Vilagarcía está amadriñado pola futbolista do Valencia CF Mari Paz Vilas. Entre os participantes atoparanse equipos da contorna como o Umia e o atlético Arousana. Dende a organización abren a porta á participación dunha selección coas distintas xogadoras da comarca que xogan en equipos masculinos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí