CAMBADOS> Os cemiterios de Fefiñáns e Santa Mariña pasarán a ser xestionados polo concello de Cambados. O goberno local e o arcebispado chegaron un principio de acordo, a falta dos últimos flocos. A concesión será de 50 anos máis outros 10 prorrogables.
O arcebispado e o goberno local de Cambados chegan a un principio de acordo para que os cemiterios de Santa Mariña e Fefiñáns pasen a ser xestionados polo concello. O acordo era unha demanda veciñal ante a falla de coidados de ambos camposantos.
O convenio está pendente de rematarse posto que é necesaria a modificación dalgúns artigos para que o goberno local poda levalo a cabo. Unha vez se faga efectivo, o concello encargarase dos coidado e mantemento dos cemiterios.
Con este acordo o concello quere que toda a veciñanza teña un documento que certifique a propiedade das súas sepulturas.
O convenio terá unha duración de 50 anos con dúas prorrogas de 5 anos máis.