POIO> O concello de Combarro presenta “Florece o Camiño”, un plan educativo e ambiental para que os máis pequenos coñezan e coiden os montes. 200 escolares da vila plantarán 300 cerdeiras na variante espiritual. As plantacións, ademais, servirán de sinalización e protección para os camiñantes.
Os nenos e nenas de Poio coñecerán a variante espiritual á vez que aprenderán a coidar o medio ambiente grazas ao proxecto Florece o Camiño. As concellería de Educación e Medio Ambiente xunto coa comunidade de Montes de Combarron levarán a 200 escolares a plantar 300 cerdeiras na ruta peregrina.
O obxectivo é que os máis pequenos aprendan a respectar o medio ambiente e teñan conciencia dos seus coidados.
O proxecto ten tamén outro obxectivo. Cando as cerdeiras florezan servirán como sinalización e protección para os camiñantes.
A idea é que o proxecto continúe nos vindeiros anos. Unha vez que todas as árbores florezan, tanto o concello como a comunidade de montes aseguran que os centos de cerdeiras farán que o camiño sexa visible a través dos satélites das novas tecnoloxías.