A historia dos videoclubs de Vilagarcía finaliza co peche de DVD Vilagarcía

VILAGARCÍA> A finais deste mes pechará as súas portas o último videoclub de Vilagarcía. DVD Vilagarcía despídese tras 15 anos alugando películas. As plataformas online parecen a causa principal da desaparición destes establecementos.

No ano 1980 abría en Barcelona Vídeo Instan, o primeiro videoclub de España. Despois de décadas de éxitos, as últimas tecnoloxías están provocando a desaparición destes negocios. A finais de febreiro, Vilagarcía verá como pecha as súas portas o último videoclub da vila. DVD Vilagarcía despide tras 15 anos alugando películas.

Vilagarcía chegou a ter ata 6 videoclubs. Dende fai dous anos DVD Vilagarcía resistiu sendo o único da vila.

As plataformas dixitais e a piratería son as causas principais da desaparición dos videoclubs.

Co peche dos videoclubs vaise parte da nosa historia. Sen eles pérdese o contacto e asesoramento que estes establecementos ofrecen aos amantes do cine.

DVD Vilgarcía ten á venda todas as películas do establecemento. Polo de agora a xente está respondendo para levarse un anaco da historia deste videoclub.

O primeiro videoclub de España continua aberto, pero o resto pouco a pouco están poñendo o punto e final ás súas películas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí