Vilanova recupera o cuartel da Garda Civil tras máis de 40 anos

VILANOVA> Vilanova conta xa co seu propio cuartel da garda civil. A subdelegación do goberno e o concello inauguraron a nova sede da benemérita no municipio. A súa presencia en Vilanova dá resposta a unha demanda veciñal de máis de 40 anos.

Co izado da bandeira de España, a garda civil, a subdelegación do goberno e o concello de Vilanova inauguraron o novo cuartel da benemérita no municipio. A súa presencia en Vilanova era demanda veciñal de máis de 40 anos, e tras colaborar todas as administracións e a garda civil, a vila xa conta co seu propio cuartel.

O espazo foi renovado e preparado para o uso da Garda Civil. Dende a benemérita móstranse contentos por regresar a Vilanova e dispoñer destas instalacións.

No cuartel de Vilanova prestarán servizo 14 axentes, que ademais da vila tamén darán servizo ao concello da Illa. Dende a subdelegación destacan a seguridade que hai no municipio vilanovés e que aumentará coa presencia da Garda Civil.

A garda civil xa traballa con normalidade en Vilanova, e o seu cuartel está a disposición da veciñanza para calquera tipo de denuncia ou axuda.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí