Mobilización dos traballadores de Alcampo Vilagarcía pola obriga de traballar domingos e festivos sen incentivos

VILAGARCIA> Os traballadores de Alcampo Vilagarcía mobilízanse contra as súas condicións laborais. Poñen o foco na obriga de traballar en festivos e domingos sen incentivos. Consideran que nesas xornadas as grandes áreas tamén deberan permanecer pechadas. Pero de estar abertas, din, que sexa voluntario e se lles pague a maiores. Porque, ademais, denuncian está a pagar  uns soldos moi baixos. Para este vindeiro Xoves Santo, que o centro vai abrir, van convocar unha xornada de folga.

Concentración dos traballos de Alcampo Vilagarcía convocados pola CIG. Denuncian as súas condicións laborais, poñendo o foco na obriga de traballar en determinados domingos e festivos do ano.

Pero como a Xunta permite estas aperturan, defenden que polo menos se lles paguen a maiores. Non teñen ningún tipo de incentivo e só se lles dá o día libre que lles corresponde a cambio.

O próximo día 2 de abril, Xoves Santo, terán que traballar. Para esa xornada convocan folga.

E fan un chamamento á cidadanía a que reflexione sobre ir de compras un festivo ou domingo.

O convenio de grandes almacéns é o único que contempla traballar domingos e festivos sen incentivos. Ademais de Alcampo, acóllense a el outras grandes áreas como Carrefour, Ikea ou Leroy Merlín, entre outros.