Perigan dous centros do CRA de Ribadumia por falla de escolares

RIBADUMIA> A falla de alumnos pode provocar o peche das aulas de Leiro e Lois do Cra de Ribadumia. Ambas escolas necesitan incorporar a un neno máis de cara ao vindeiro curso para chegar ao mínimo de 6. Dende o Centro de Ribadumia xa traballan para que algún pai decántese por confiar en eles para matricular ao seu fillo.

O despoboamento no rural e a baixa natalidade poñen en risco cada ano a máis escolas unitarias. A consellería obriga a ter un mínimo de 6 alumnos para non pechar os centros. Nesta corda frouxa atópase o CRA de Ribadumia, cuxas aulas de Lois e Leiro verán reducido o seu número de escolares por debaixo do mínimo.

Na actualidade a escola de Leiro conta con 17 alumnos e a de Lois con 9. O acceso dos máis maiores a primeira deixará a ambos centros con só 5 alumnos o vindeiro ano. Dende o CRA de Ribadumia intentan que máis pais e nais matriculen aos seus fillos nas súas escolas. O luns abrirán as portas para que os proxenitores coñezan as súas instalacións.

Dende o CRA de Ribadumia defenden as vantaxes das escolas unitarias.

O CRA de Ribadumia conta cunha vantaxe a diferencia doutras escolas unitarias. Grazas á colaboración co concello e co CEIP Julia Becerra, o centro ofrece os servizos de comedor e Plan Madruga.

O Centro Rural Agrupado continua pendente de que se matriculen eses dous alumnos que necesitan para manter os centros. O prazo de inscrición para o vindeiro ano abrirá en marzo.