Un caldeiro para fomentar a lectura entre as persoas maiores

POIO> Achegar a biblioteca ás persoas maiores do municipio. Ese é o obxectivo da actividade Letras Maiores. Unha iniciativa do Concello de Poio e enmarcada dentro do programa Saudemente. O proxecto foi presentado esta mañá e será desenvolvido durante todo o ano.

Este caldeiro de zinc percorrerá o Concello de Poio para achegar a biblioteca ás persoas maiores do municipio. Trátase da iniciativa Letras Maiores, unha actividade enmarcada dentro do programa Saudemente. Todos os participantes desta iniciativa contarán cun carné coma este e cunha funda para gardar o libro que desexen ler. O tempo de préstamo será de 15 días.

Laura Abilleira e José Gómez son dous dos integrantes do programa Saudemente. Esta mañá falaban así da importancia de fomentar a lectura entre ás persoas da súa xeración.

O programa Saudemente está composto actualmente por unhas 120 persoas. A idade media é de 80 anos. Todos eles poderán agora achegarse á lectura grazas a este caldeiro. O cal percorrerá, durante todo o ano a Casa Rosada, o Local Social de Campelo, A Seca, Vilariño, Combarro, Samieira e Raxó.