O Hospital do Salnés reacredítase como referete na humanización da atención ao nacemento e lactancia

O SALNÉS> O Hospital do Salnés reacredítase como centro sanitario de referencia na humanización da atención ao nacemento.Trátase dun distintivo que outorga a OMS e Unicef a aqueles centros que apostan polos partos naturais e respectuosos. O Hospital do Salnés conta con este distintivo desde o ano 2005.

Dende hai 20 anos o Hospital do Salnés é un centro IHAN, ou o que é o mesmo un hospital que atende ás directrices da Iniciativa pola humanización da asistencia ao nacemento que impulsa a Organización Mundial da Saúde e Unicef. Dúas décadas despois, esta mañá tivo lugar o acto de reacreditación deste distintivo, que certifica o compromiso do hospital coa asistencia humanizada ao nacemento e á lactancia.

Ao acto asistiu boa parte do equipo humano implicado no proxecto. Tamén os conselleiros de Sanidade e Política Social. Ambos puxeron en valor o compromiso dos profesionais do centro, que garanten que todas as nais e os seus fillos reciban o apoio necesario para iniciar e manter a lactancia materna con éxito.

Antonio Gómez Caamaño e Fabiola García, aproveitaron tamén para visitar a área materno-infantil do hospital para dar conta das novidades da Cesta Benvida da Xunta, coa ampliación do calendario vacinal e o cribado neonatal. O novo modelo incorpora a carpeta “Cóidate-cóidame’, máis práctica e que incide na prevención e no diagnóstico temperá de posibles enfermidades, incorporando o material axeitado para facer o cribado neonatal.

O recén nado, Pablo, e súa nai, Anca, convertéronse nos primeiros pacientes do SERGAS en recibir a nova cesta.