VILAGARCÍA> A protectora de Animais de Vilagarcía fai 30 anos. Para celebralo, a entidade organiza un concerto solidario o vinderio venres día 11 no Auditorio da Cidade.
Trátase dunha cita na que participarán Pablo Vidal e Clara Pino, Chaladura Rock e Intro Cover. O prezo das entradas será de tres euros e ademais tamén se vai habilitar unha fila 0.
Zona Aberta colabora con esta actividade. O colectivo de comerciantes e hostaleiros da cidade vai axudar a divulgar e promocionar esta cita nos seus establecementos asociados. Ademais, nalgúns deles poderanse mercar as entradas.
Tamén colabora o concello de Vilagarcía. Esta mañá, a tenente de alcalde fixo un chamamento á veciñanza a participar neste concerto solidario e a apoia-lo traballo da Protectora. Tania García lembrou as distintas melloras que se teñen feito nas instalacións de Pinar do Rei que, nestes momentos, acollen 200 gatos e 150 cans.











