A Xunta convoca a mesa de diálogo de Thenaisie para o mesmo día no que se retomaban as mobilizacións

O GROVE> Novidades no conflito laboral da conserveira Thenaisie. Coindindo co anuncio da CIG de que retomaban as mobilizacións, a Xunta convoca para mañá a mesa de diálogo. A central nacionalista acude á cita con poucas expectativas. Din non entender como a Xunta non asume o liderado das negociacións. Cren que se está deixando mangonear polo bufete de avogados de Scandia, a empresa á que pertence a factoría meca.

Despois de varias semanas sen apenas movementos, a Xunta convocou para mañá a mesa de diálogo para desbloquea-lo conflito laboral da conserveira Thenaisie. A chamada do goberno galego coincide no tempo co anuncio da CIG de que se retomaban as mobilizacións.

Á xuntanza de mañá, a CIG acode con poucas expectativas. O sindicato nacionalista acudirá ó encontro para reclamarlle á Xunta que asuma o liderado das negociacións.

Porque o problema, explica Rosa Abuín, está no bufete de avogados contratado por Scandia, a empresa romanese á que pertence a conserveira meca. Asegura que non teñen vontade de desbloquea-lo conflito.

Por iso, pase o que pase na reunión de mañá, a CIG advirte que levará a cabo as súas proximas mobilizacións ás portas deste bufete, como principais responsables da difusa situación que está a vivir a conserveira asentada no Grove.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí