VILAGARCÍA> O concello de Vilagarcía terá que aportar seis millóns de euros para a ampliación da súa depuradora, orzamentada xa en 31 millóns. A Xunta di agora que esta actuación terá que ser cofinanciada por parte das dúas administracións. O alcalde da cidade asegura que non se vai perder a oportunidade de levar a cabo esa ampliación e que buscarán as vías para conseguir eses cartos. Unha que xa está descartada é recorrerer a financiamento europeo, porque o goberno galego xa ten previsto financiar o 60% do que lle corresponde con Fondos Feder.
Vilagarcía, pase o que pase, non quere perder a oportunidade de ampliar a depuradora de Ferrazo. O proxecto terá un custo de 31 millóns de euros, dos que o concello terá que aportar seis millóns. O alcalde compromete ese investimento para unha mellora que considera moi precisa.
Pero o concello deberá estudar como consegue eses seis millóns de euros, para o que xa se contempla no convenio un plan de pago ata 2029. Unha vía que queda pechada xa é recorrer a financiamento europeo, porque a Xunta xa vai recorrer a Fondos Feder para financiar ata o 60% da súa parte.
O alcalde así e todo lamenta que a Xunta queira agora que esta ampliación da EDAR de Ferrazo sexa cofinanciada entre as dúas entidades. O alcalde asegura que non foi ata outubro do pasado ano cando se lles dixo que o concello tiña que asumir unha parte. Para mostra, pon como exemplo o que aínda se dicía en abril de 2023 por parte de Augas de Galicia, xusto antes da campaña electoral das municipais.
E apuntou Varela a Xunta non está executando nada en Vilagarcía que non lle corresponda á cidade, lembrando que Augas de Galicia polo seu canon recada ao ano no concello 700.000 euros.











