CAMBADOS> Cambados recupera o torneo de baloncesto do albariño. O equipo local do Xuventude de Cambados enfrontarase ao Illa de Arousa nun duelo que servirá para medir as aspiracións de cada equipo esta tempada. A entrada é gratuíta para achegar o club á vila e gañar afeccionados.
O club xuventude de Cambados e o concello recuperan este ano o torneo de baloncesto do albariño. Un encontro de presentación para o equipo local que se medirá ao Illa de Arousa.
O torneo terá lugar o sábado 8 ás 6 da tarde. A entrada e gratuíta para achegar o club á vila e animar á veciñanza a que se faga socia do equipo.
O Xuve de Cambados e o Illa de Arousa competirán este ano na segunda división autonómica. O encontro servirá para medir en que estado chega cada club.
Ambos equipos enfrontaranse este ano na segunda división territorial. Os obxectivos do Xuventude de Cambados pasan por asentar ao club, en primeiro lugar, e loitar por cotas mais altas como o ascenso no futuro.