VILAGARCÍA> A Xunta e o Concello de Vilagarcía asinan o convenio que desbloquea o albergue de peregrinos de Carril. O acordo tradúcese na cesión do uso do edificio por 30 anos ao goberno galego, que se vai encargar de xestionalo. O inmoble pasa a formar parte da Rede de Albergues do Camiño de Santiago. A intención é que o recinto comece a recibir peregrinos este verán.
Despois de máis de dous anos pechado, todo apunta a que o albergue de Carril comezará a recibir peregrinos neste verán. Esta mañá asinouse o convenio entre o Concello de Vilagarcía e a Xunta, que cede o uso deste inmoble durante 30 anos á administración galega. Con este acordo o albergue pasa a formar parte da Rede de Albergues do Camiño de Santiago.
Porque logo da sinatura deste convenio, é a Xunta a que se encarga de dotar de mobiliario este albergue, incluíndo tamén toda a equipación da lavandería e do conxunto das dependencias. Pola súa banda, o alcalde de Vilagarcía celebrou o acordo co goberno galego, coa inclusión deste albergue na rede galega. Alberto Varela deixou atrás as discrepancias e agradeceu os trámites por parte de Turismo de Galicia.
Na mesma liña, o Director de Turismo de Galicia.
Na visita desta mañá aproveitouse para lembrar o investimento levado a cabo polo concello a través de fondos da Deputación para a recuperación deste edificio. Daquela investíronse 600.000 euros para a tranformación da estrutura dun inmoble en desuso neste albergue que dende hoxe, e durante as próximas tres décadas, xestionará a Xunta de Galicia. O albergue conta con 30 prazas, cunha superficie de máis de 440 m2 repartido en varios andares.











