RIANXO> Nesta ocasión en Rianxo. O ben afectado é a necrópole tumular dos Campiños, na parroquia de Leiro. O dano podería estar causado por maquinaria pesada que, contratada pola propia Xunta, realiza na zona labores forestais.
Tal e como sinalan os especialistas, as mámoas dos Campiños, situadas na parroquia rianxeira de Leiro, é unha das necrópoles máis importantes da comarca do Barbanza. Un ben catalogado e amplamente estudiado dende hai anos. A metade dun dos túmulos resultou practicamente arrasado, polo que necesitaría unha actuación en profundidade para conservalo.
Piden unha actuación urxente para tratar de reparar o dano causado e se faga cumprir o estipulado na Lei do Patrimonio Cultural de Galicia.
Segundo Víctor Barbeito non se trata dun feito aillado. Segundo el os atentados contra o noso patrimonio son máis habituais do que parece, o que vén a evidenciar o pouco respecto que se ten polo noso patrimonio.