A POBRA> A Pobra quenta motores para unha nova edición do Carme dos Pincheiros. As festas desenvolveranse entre o 16 e o 19 de agosto, con actividades de lecer para tódolos públicos.
O venres 16 darán comezo unhas das festas máis agardados polos pobrenses. O pasarrúas encabezado polos Xigantes e Cabezudos suporá o pistoletazo de saída das celebracións xunto co pregón que este ano correrá a cargo de Francisco Davila CEO de Mobalco.
Neste ano, a comisión de festas e o concello acordaron cambiar o formato das celebracións asumindo a administración a organización de tres xornadas mentres que o domingo, día da procesión, correrá a cargo da entidade.
Outra das citas máis multitudinarias destas festas son os Sanjuerguines, coa mocidade como protagonista.
Entre as propostas musicais destacan os concertos de Forraje e Fillas de Casandra así como as orquestras que amenizarán as verbenas nocturnas.
Á extensa oferta de actividades que conforma o programa engádese un dos principais atractivos das festas que son xa toda unha tradición nos Pincheiros. Os Xigantes e Cabezudos percorrerán a vila durante os catro días que duren as celebracións.











