Ribeira acolle o Open de Taekwondo clasificatorio para o campionato do mundo

RIBEIRA> Ribeira acollerá a vindeira fin de Semana o Open Internacional de Taekwondo organizado pola Federación Galega e o Club Natural Sport. O campionato desenvolverase na Fieteira e contará con deportistas de toda España.

Máis de cincocentos deportistas participarán no Open Internacional de Taekwondo Cidade de Ribeira que se desenvolverá entre o 29 de febreiro e o un de marzo na Fieteira. A cita contará con destacados deportistas de corenta clubs de toda España.

Esta cita volve converter a Ribeira en sede dun evento de primeiro nivel clasificatorio para o campionato do mundo. Dende o Natural Sport quixeron agradecer a colaboración da hostalería de Ribeira que desenvolveu un programa de ofertas gastronómicas e de aloxamento para os asistentes ó campionato.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí