O PP presenta 130 medidas para que Ribeira siga medrando

RIBEIRA> O Partido Popular de Ribeira celebrou onte pola noite na Casa do Mar a presentación da súa candidatura que volverá a estar encabezada, por terceira vez consecutiva, por Manuel Ruíz. Ademais de dar a coñecer ó equipo que o acompañará no difícil reto de revalidar a alcaldía, Ruíz presentou un paquete de 130 medidas dirixidas a conseguir que o municipio siga medrando.

Multitudinario acto o celebrado onte pola noite na Casa do Mar para a presentación da candidatura do Partido Popular. Unha candidatura que volverá a estar encabezada por Manuel Ruíz, o actual alcalde, que por terceira vez opta a reelección. Ademais de dar a coñecer ó equipo que o acompañará na lista, o alcaldable presentou un paquete de 130 medidas dirixidas a que o municipio siga crecendo. Tales medidas abordarán os máis diversos ámbitos como é o caso do medio ambiente, a mobilidade, a educación, ou o emprego, ademais de propoñer actuacións concretas para cada unha das nove parroquias, entre as que se atopa a creación, en cada unha delas, da oficina da alcaldía, para atender ás demandas dos veciños.

Na súa intervención o candidato fixo repaso das actuacións realizadas nestes anos, poñendo precisamente fincapé na boa xestión realizada.

Entre os proxectos presentados figura a construcción dunha nova estación de autobuses, a futura circunvalación e a creación do tan demandado novo polígono industrial. Arroupando a candidatura dos populares atopábanse tamén dous conselleiros da Xunta, os responsables de Política Social, Fabiola García, que pecha ademais a lista do PP ribeirense, e Economía, Francisco Conde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí