Ribeira e Porto do Son volven solicitar un obradoiro de emprego conxunto

RIBEIRA> Os concellos de Ribeira e Porto do Son asinaron o convenio para solicitar conxuntamente un novo obradoiro de emprego. O Tahume Seis incorpora as modalidades de xestión forestal e carpintería.

Ribeira e Porto do Son repiten colaboración na solicitude do que será xa o sexto obradoiro de emprego conxunto. O Tahume VI contempla a formación de vinte desempregados nos módulos de carpintería e xestión forestal. Neste último, os alumnos traballarán na reforestación das áreas de Couso e San Alberto en Ribeira.

No concello de Porto do Son realizarán tarefas de prevención de incendios naquelas parcelas catalogadas de alto risco, comprendidas nas parroquias de Xuño, Caamaño, Baroña e Ribasieira. Os alumnos do módulo de carpintería traballarán principalmente na posta a punto das pasarelas de madeira que percorren o litoral de ámbolos dous municipios.

As actuacións complementaranse coa dotación de mobiliario urbano. Dende ámbolos dous concellos confían en que se manteñan os altos índices de inserción laboral que presentan estas dúas modalidade formativas con gran demanda na comarca.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí