Ribeira baralla dous emprazamentos para o futuro centro de saúde

RIBEIRA>  A intención do executivo é adquirir os terreos no prazo máximo dun mes para poder poñelos a disposición da Xunta.

Aínda que ámbalas dúas parcelas son aptas para acoller o futuro centro de saúde, o concello de Ribeira ten preferencia polo emprazamento dunha delas polo que segue a negociar cos propietarios o prezo de adquisición despois de que a oferta inicial non prosperase.

A intención do executivo é axilizar ó máximo o proceso de adquisición dos terreos para poñelas a disposición da Xunta e asegurar así o investimento nesta infraestrutura tan necesaria.

O novo centro de saúde contará cunha superficie total próxima ós catro mil metros cadrados para dar cobertura á ampla demanda sanitaria do municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí