O concello de Ribeira adopta medidas para mellorar o servizo de transporte público

RIBEIRA> O executivo ribeirense intensificará o control para o cumprimento do contrato do servizo de transporte público de autobuses. Esixen á empresa que respecte os horarios e as frecuencias das liñas para garantir un correcto funcionamento deste servizo tan esencial.

Corrixir as numerosas deficiencias que presenta o servizo de transporte público no municipio. Ese é un dos principais obxectivos do goberno de Ribeira que dende a súa chegada adoptou diversas medidas para esixir á empresa concesionaria do servizo de autobuses o cumprimento das bases do contrato.

Ademais de intensificar a vixilancia sobre o cumprimento dos horarios e frecuencias, o concello deu orde á policía local de sancionar ós autobuses estacionados na parada central posto que se trata dunha zona autorizada unicamente para a carga e descarga de pasaxeiros. Sen embargo, nos últimos días o concello comunicou á policía local que deixase de tramitar as multas posto que estaban recaendo sobre os condutores e non sobre a empresa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí