Os pontevedreses poden facerse xa test rápidos de coronavirus sen saír do coche

PONTEVEDRA> Xa está dispoñible en Pontevedra o CovidAuto. Un novo sistema de test rápidos de coronavirus. O Sergas habilitou unha zona no Recinto Feiral. As probas realizaranse por prescrición médica e unicamente a aquelas persoas que teñan cita previa.

Esta é a zona habilitada no Recinto Feiral de Pontevedra para realizar o CovidAuto. Test rápidos para detectar o coronavirus sen que o paciente teña que saír do seu vehículo. Iso, esta proba soamente se realizará a aquelas persoas ás que se lle asigne cita previa e que sexan sospeitosas de padecer a infección.

O sistema é o seguinte. O paciente chega ata esta área no seu coche e ata el achégase un sanitario. El encárgase de coller a mostra a cal é enviada ao servizo de microbioloxía. En cuestión dunhas horas, o médico chamará ao paciente cos resultados do Covid-19.

Un sistema áxil co que se desatascarán os centros hospitalarios e co que se realizarán máis probas. Ademais, con esta medida trátase tamén de complementar e axilizar a recollida de mostras a domicilio. Un avance no diagnóstico precoz da enfermidade e un paso máis na loita contra o coronavirus.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí