O PP de Pontevedra pide que se redacte un novo PXOM antes de aprobar a ordenanza de mobilidade

PONTEVEDRA> O PP de Pontevedra reclama que se redacte un novo PXOM para a cidade antes de aproba-la nova ordenanza de mobilidade. Os populares presentaron esta mañá unha serie de alegacións a ese documento. Piden, por exemplo, que o goberno local atenda as peticións da ONCE e que se aclare o uso dos vehículos persoais nos menores de 13 e 14 anos.

O PP de Pontevedra cre que antes de crear unha nova ordenanza de mobilidade hai que redactar un novo Plan Xeral. Os populares entenden que o PXOM  é unha norma de ámbito superior que ten que marca-las directrices desa nova ordenanza.

Os populares deron a coñecer esta mañá as alegacións que presentará no pleno. Entre elas, recollen tamén as peticións  sobre o fomento do uso da bicicleta aportados pola Asociación Pedaladas e as demandas da ONCE.

O concelleiro popular entende que na nova ordenanza hai puntos que carecen de sentido, como o que establece que un vehículo non poida circular a máis velocidade que a dun peón.

O PP tamén reclama que se aclare o limbo no que quedan os mozos de 13 e 14 anos que queiran empregar un vehículo individual, porque a nova ordenanza, lembran os populares, só se fala de menor de 12 e maiores de 15.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí