O BNG programa máis de 200 actos electorais de cara ás eleccións xerais

PONTEVEDRA> O Bloque Nacionalista Galego presentou esta mañá os actos programados de cara ás eleccións xerais do 28 de abril. A cabeza da lista, Carme da Silva, manifestou que o seu partido ten un proxecto claro, coherente e unido co obxectivo de representar aos galegos e galegas en Madrid.

200 actos de campaña que mobilizarán a un milleiro de axentes electorais. Esa é a programación do Bloque Nacionalista Galego para achegar as súas propostas á cidadanía de cara ao 28 de abril.

O coordinador da campaña asegurou esta mañá a corrente de simpatía que hai na rúa co seu partido e mostrouse optimista cos resultados esperados do BNG nas eleccións xerais.

A cabeza da lista, Carme da Silva, aproveitou o acto para manifestar a súa sorpresa polo cambio de postura do presidente da Xunta de Galicia sobre a transferencia de competencias por parte do Estado.

Deste xeito, Carme da Silva quere reflectir a necesidade de que os galegos e galegas teñan voz propia en Madrid coa representación do Bloque Nacionalista Galego.