A Subdelegación busca conseguir maior coordinación en violencia de xénero

PONTEVEDRA> A Subdelegación do Goberno volveu a celebrar hoxe a Comisión Provincial Técnica para a coordinación en violencia de xénero. Unha reunión que ten como obxectivo establecer unha correcta coordinación e comunicación entre os diferentes órganos da Administración Xeral do Estado. O encontro serviu para avanzar en posibles solucións ante a lacra da violencia machista.

Tras varios anos sen reunirse, a Subdelegación do Goberno volveu a acoller esta mañá  a Comisión Provincial para a coordinación en violencia de xénero. Unha cita na que estiveron presentes diferentes órganos da Administración do Estado e que serviu para establecer unha maior coordinación e comunicación nesta materia.

No encontro analizáronse todas as dificultades coas que se atopan os diferentes órganos da administración na loita contra a violencia de xénero. Para a subdelegada do Goberno a principal é, sen dúbida, a emocional.

Na provincia existen actualmente 1081 casos activos de violencia de xénero. Entre eles non hai ningún de risco extremo pero destacan, en especial, os 11 de risco alto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí