Caixanova e Deputación investirán un millón de euros en cultura

firmadeputacioncaixanova100_080507.jpgPONTEVEDRA > Máis de oitocentas agrupacións de promoción musical e cultural se beneficiarán da renovación do convenio

… entre a Deputación de Pontevedra e Caixanova. Os presidentes de ambas entidades asinaron onte dous convenios que suman en total preto dun millón de euros en investimento.

Caixanova e Deputación reforzan coa firma deste convenio a súa colaboración para o desenvolvemento de actividades socioculturais. Son en total un millón de euros os que se investirán no Plan Cultural 2007 da Deputación, que contempla o desenvolvemento de actividades culturais nos diferentes concellos da provincia de Pontevedra.

Ambas entidades colaborarán na dotación de contidos no Museo Provincial, coa Escola de Canteiros, na dotación de infraestructuras para as instalacións deportivas, en temas de caracter editorial ou na promoción turística da provincia. A Escola para as Administracións Públicas de Caixanova tamén se beneficiará deste convenio.

Redacción Salnés