O Rei interésase pola situación da flota galega ante a crise do coronavirus

    RIBEIRA> A economía de Galicia depende en gran medida do futuro da pesca. De aí que o rei, Felipe VI, se interesase pola situación que está a vivir o sector ante a crise sanitaria provocada polo coronavirus. O monarca mantivo unha conferencia co presidente da Federación Galega de Confrarías.

    Aínda que pareza sorprendente esta imaxe non é unha montaxe. É real, e nunca mellor dito posto que o presidente da Federación Galega de Confrarías mantivo unha videoconferencia co mismísimo rei de España. O encontro, solicitado pola Casa Real, tiña como obxectivo coñecer de primeira man a situación que está a atravesar o sector pesqueiro no medio da crise sanitaria.José Antonio Pérez explicoulle a Felipe VI as dificultades derivadas da caída dos prezos e a ausencia de compradores. Situación que afecta principalmente á flota artesanal polo que moitas confrarías optaron xa por parar a actividade.

    Tras escoitar as necesidades do sector, o rei comprometeuse a mediar ante o goberno para artellar medidas de apoio que permitan ós profesionais do mar saír adiante.

    José Antonio pérez valorou moi positivamente o encontro e sinalou a implicación e o compromiso do monarca cun dos piares básicos da nosa economía.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí