BOIRO> As panaderías, a priori un colectivo con pouco recoñecemento, están a adquirir durante a crise un maior protagonismo. A consecuencia do seu esforzo diario, o pan, un alimento case indispensable na nosa alimentación, está tódolos días nas nosas casas.
Achegámonos hoxe ata a panadería La Espiga, en Boiro. Situada na rúa Principal, este negocio familiar, que vai xa pola súa segunda xeración, traballa a diario para que o pan, un alimento de primeira necesidade, poida estar presente na nosa mesa. A chegada da crise do coronavirus, e o conseguinte confinamento derivado do decreto do estado de alarma, non impediu que seguira facendo o seu traballo, como levan realizando dende hai uns 25 anos.
Esta empresa, que conta na actualidade con catorce traballadores, veuse obrigada a adoptar tamén unha serie de medidas de seguridade de cara ós seus empregados e tamén ós clientes.
De cara ó futuro móstranse optimistas e agardan a que a situación actual mellore.
Tamén inciden na importancia de comprar no municipio, poñendo en valor o comercio local. Segundo eles unha das mellores fórmulas para saír desta crise.