Vilagarcía investirá 1,7 millons de euros para converter o edificio do casino nunha biblioteca ampla e accesible

VILAGARCÍA> Vilagarcía investirá máis dun millón e medio de euros na rehabilitación do edificio do casino para convertelo na biblioteca municipal. O inmoble contará con numerosas melloras como un ascensor, accesos para persoas con mobilidade reducida e aulas adaptadas. A súa construción comezará nos vindeiros meses.

O edificio do liceo casino de Vilagarcía, un dos máis históricos da vila, converterase na nova biblioteca municipal. O proxecto permitirá ao concello actuar en dous espazos relevantes para a vila: rehabilitar o edificio histórico do casino e crear unha biblioteca ampla e adaptada.

Dende a súa adquisición, o concello xa eliminou as barreiras arquitectónicas que afectaban o acceso da persoas con mobilidade reducida. Pensando neles tamén, dentro do proxecto inclúese un ascensor ata a terraza. O novo espazo será amplo, espazoso e sustentable.

O proxecto terá un custo de máis dun millón setecentos mil euros. O concello está pendente das axudas da deputación de Pontevedra.

O proxecto aínda terá que saír a licitación, co que a nova biblioteca deberá agardar ata o vindeiro ano. O traslado da biblioteca deixará libre o seu espazo no actual salón García. A súa zona será utilizada para actividades sociais e culturais.