A confraría noiesa traballa na retirada das algas das súas concesións

NOIA> O pósito noiés realiza estes días labores de limpeza de algas nas zonas de Lagoas de Boa, A Misela e Cuncheiro. É un traballo que se repite cada ano. Aproveitando a baixamar, e co apoio dos tratores do pósito, retiran o argazo fóra dos areais para evitar que o marisco morra.

Nin o mal tempo existente impediu que esta mañá un grupo duns setenta  mariscadores a pé, coa axuda do persoal da propia confraría, regresase ós areais para retirar as algas existentes.

É unha práctica habitual por estas datas. A proliferación das algas coa suba das temperaturas no verán pon en serio risco a supervivencia futura do marisco.

Segundo explicou o patrón maior os traballos prolongaranse durante toda a semana aproveitando as mareas vivas propias deste mes de agosto.