Tristura e malestar no Grove ante o novo peche perimetral

O GROVE>  O Grove viviu hoxe a súa primeira xornada en restricións máximas. Ante o avance da covid, a vila volve ter peche perimetral e a hosteleria só pode servir para levar. Os veciños entenden as medidas, pero -di o alcalde- están cansos.

As novas restricións entraron en vigor na pasada noite, 24 horas antes do habitual. Hoxe na vila había certa confusión en canto á súa aplicación. Mesmo había xente que non sabía que volvía estar pechada.

A localidade meca pasou de non ter casos a rexistrar hoxe 53, sete máis ca onte. Os veciños recoñecen estar preocupados.

Uns posititivos que no concello atrubúen á relaxación á hora de aplica-las medidas anticovid. Indican que detrás da situación actual hai gromos familiares.

E ante a evolución dos datos, o alcalde amósase pesimista en canto á fin das restricións máis duras.

Lembra Cacabelos que ademais dos gromos familiares, a incidencia da covid pode ser aínda maior nas vindeiras datas, cos contaxios que se puideron ter producido durante a Semana Santa e que aínda estarían en fase de incubación.