Dous veciños do Grove e unha de Poio, atrapados na Arxentina polo coronavirus

O GROVE/POIO> Dous veciños do Grove e unha de Poio permanecen atrapados na Arxentina pola crise do coronavirus. Marcharon de vacacións a aquel país a comezos de marzo e, polo de agora non conseguiron regresar a Galicia. Din que pasaron momentos de moita desesperación, pero que agora comezar a ve-la luz ó final do túnel. O Ministerio de Asuntos Exteriores anunciou que vai fretar avións dende o país austral.

Marcharon á Arxentina de vacacións e, dende logo, esta viaxe nunca a van esquecer. Dous veciños do Grove e unha de Poio permanecen atrapados naquel país por culpa do coronavirus. Canal Rías Baixas puido contactar cunha delas, Lina Bernárdez, quen fora alcaldesa meca entre o 87 e o 91. Di que viviron momentos de desesperación, pero que agora comezar a respirar máis aliviados sabendo que a súa volta á casa está máis preto.

E o problema está en vías de solucionarse. Co peche dos aeroportos arxentinos a piques de facerse efectivo, recibiron o aviso do Ministeriores de Exteriores español, do seu inminente regreso.

Recoñecen que por momentos sentíronse abandonados por parte do goberno español. Viviron días de angustia que agora, mesturan coa impaciencia de coller por fin ese voo de volta á terra.

Nestes momentos, atópanse a uns 350 quilómetros do aeroporto máis próximo. Están nun hotel que se están a costear eles mesmos, porque a nova orde arxentina, pola corentena, sanciona a aqueles que acollan non seu domicilio a estranxeiros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí