Multa de 700 euros a un pobrense por incumprir ata oito veces a orde de confinamento

RIBEIRA> O xulgado de garda de Ribeira multa con 720 euros a un pobrense por incumprir ata en oito ocasións a orde de confinamento. O autor recoñeceu os feitos e chegou a un acordo coa Fiscalía.

O Xulgado de Instrución número 1 de Ribeira, en funcións de garda, condenou a un home ó pago dunha multa de 720 euros como autor dun delito continuado de desobediencia grave por facer caso omiso ás normas derivadas da declaración do estado de alarma con motivo da crise sanitaria do COVID-19. O sospeitoso recoñeceu que os durante varios días e de xeito reiterado incumpriu a obriga de confinamento. Segundo informaron fontes do propio Tribunal chegou a un acordo coa Fiscalía sobre a condena. A sentenza, ó ser ditada baixo a conformidade de tódalas partes implicadas no procedemento, non será recorrida.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí