A POBRA> O concello da Pobra porá en marcha o proxecto ‘Memoria dos Lugares’ que busca recompilar o saber popular das distintas aldeas e parroquias do municipio. Ademais da transmisión de todo ese patrimonio inmaterial a futuras xeracións, o programa promoverá tamén o envellecemento activo e a alfabetización dixital dos maiores.
A Ribeiriña será o primeiro lugar da Pobra no que se desenvolva o programa ‘ A Memoria dos Lugares’. Promovido polas concellerías de Servizos Sociais e Participación Veciñal, este proxecto piloto busca recompilar as lendas, tradicións, usos ou costumes das distintas aldeas do municipio a través da propia sabedoría popular.
Unha vez recompiladas esas vivencias, a través de gravacións, elaborarase un mapa da memoria con xeolocalizacións
A primeira das sesións terá lugar o venres 10 de outubro ás cinco e media da tarde no Centro Socio – Cultural da Ribeiriña.
Trala experiencia na Ribeiriña, o concello da Pobra ten intención de estender este proxecto a outras parroquias nos próximos anos.











