A campaña ‘Quere o teu mercado’ chega este sábado á Pobra

A POBRA> A praza de abastos da Pobra acollerá este sábado as actividades de animación da campaña ‘Quere o teu mercado’ promovida pola Xunta. O obxectivo é dinamizar os mercados como eixo do tecido comercial das vilas.

Un ano máis a praza de abastos súmase á campaña ‘Quere o teu mercado’ promovida pola dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia. as actividades de animación dará comezo ás once e media da mañá; haberá música e degustacións gastronómicas.

Durante a xornada procederase tamén ó reparto de agasallos entre os distintos postos do mercado. O  obxectivo da campaña é dinamizar os mercados como eixo da actividade comercial das vilas e poñer en valor a calidade dos produtos frescos e da atención personalizada.